socorrista

Persoa que se dedica a socorrer as vítimas de accidentes, en particular, a que en praias e piscinas auxilia ou atende persoas que sofren perigo de afogar.

Etimoloxía

Deriva de socorrer, do latín sucurrere 'socorrer, defender'.

Exemplos *

"… o restaurante albergaba a celebración de dúas comuñóns e varios nenos accederon á piscina, que aínda se encontraba cerrada e non contaba cun socorrista, requisito obrigatorio a partir do 1 de xuño." (O Correo Galego 21-05-2002)

"Cando alguén afoga nunha praia con 20 bandeiras de perigo, a culpa será da neglixencia dos socorristas." (Juan Ordóñez Buela: Galicia Hoxe 03-04-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.