Bebida feita con auga que contén ácido carbónico, que se toma soa como refresco, ou acompañando outra bebida, xeralmente alcohólica
Etimoloxía
Adaptación do termo inglés soda water.
Exemplos *
“As lambetadas, sobremesas, sodas e bebidas alcohólicas constitúen o 25 por cento de todas as calorías que consomen os estadounidenses.” (Xabier Paz: Tempos Novos, 6-2008)
“Non foi necesario que ninguén falara do whisky para que este aparecera nas bandexas e coa compaña de grandes e tallados vasos, a xarra a xogo -chea de soda ou auga fría- e unha xeleira coas súas pinzas.” (Luis Prego Carregal: Saber ser, saber estar. Normas-Consellos-Curiosidades, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.