sogro, -a

O pai ou a nai do cónxuxe

Etimoloxía

Voz que procede da latina socrus para o masculino e destoutra do latín vulgar socra para o feminino, ambas as dúas de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“O muíño do meu sogro / eu ben lle sei o tempero / cando está alto baixalo / cando está baixo erguelo/ ai o le lo...” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores, 1984)

“Miña sogra non me quer, / miña cuñada tampouco; / a min eso non me importa: / quéreme meu amor moito.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.