Planta da familia das leguminosas, de follas trifoliadas e flores brancas ou violáceas, que dá unha semente comestible semellante a unha pequena faba, da que se extrae aceite para a alimentación
Etimoloxía
Préstamo adaptado do xaponés shoyu.
Exemplos *
“Cearon alí. Pouca cousa: unha ensalada de leituga, cenoria, soia, queixo, xamón e mazá.” (Xulio Pardo de Neyra: Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014)
“Logo apaña unhas galletas de soia e entra no sanctasanctórum.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / Calendario de advento, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.