Circunstancia de estar só / Sentimento provocado por esa circunstancia
Etimoloxía
Voz que vén da latina solĭtas, -ātis.
Exemplos *
“O único que eu ansío é que sexa chegado o tempo en que poida virar as costas a todas estas preocupacións e responsabilidades para me perder na miña propia soidade.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Os anos acentuaran a miña tendencia á soidade, a buscar na intimidade o silencio necesario para me mergullar nos libros.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


