Descanso ou entretemento
Etimoloxía
Termo do ámbito literario, que recollemos do occitano antigo solatz, que o toma do latín solatium ‘consolo’.
Exemplos *
“Esperaba unha merenda como a do día anterior na casa de Constanza de Lemos e o que atopei alí foi unha escena de solaz en que a calor daqueles días de setembro entraba polas fiestras do salón que ocupaba a primeira planta da casa.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
“Supoño que en todo este tempo nunca pensara naquel espazo como algo tan directamente "familiar". Efectivamente, aquel fora o recuncho que o "papá" de alguén construíra para solaz propio e mais dos seus.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.