Persoa que serve no exército
Etimoloxía
Termo que recollemos do latín vulgar *solidātus, que, á súa vez, procede do clasico solĭdus 'soldo'.
Exemplos *
“Anque fun a Pontevedra non fun por vé-los soldados, fun por ver aquela Virxe dos pendentiños dourados.” (José Augusto Ventín Durán: Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral (ed. de Xesús Ferro), 2007)
“Tiven un fillo e morreume na guerra como soldado; bágoas que por el botei sabeo Diosiño adorado!” (José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego [Reprod. facsimilar da 1ª edición], 1979)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


