Diñeiro que unha persoa cobra con regularidade, polo traballo que realiza
Etimoloxía
Substantivo que bebe destoutro do latín tardío solĭdus onde significaba 'sólido’, moeda de ouro romana.
Exemplos *
“O xornal en que traballaba Monchita presentara un ERE despois de oito meses sen pagarlles os soldos.” (Ana Cabaleiro: As Ramonas, 2018)
“Cobrábase todos os sábados. Nunca o mesmo, pois o soldo dependía da cantidade de lenzo traballada, pero habitualmente ao redor das 30 pesetas.” (Pablo L. Orosa: Luzes, nº8, 9-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


