Mostra de cariño ou de amabilidade, afectada / Actitude ou calidade da persoa que adoita facer uso deste tipo de mostras para tratar de agradar
Etimoloxía
A orixe do termo está no cruzamento do latín sollerte ‘astuto’ e o vocábulo árabe salam ‘paz’.
Exemplos *
“Na rúa con todos se paraba e parolaba, ben fose soa ou acompañada da filla ou do marido. Convencía sen molestar e sen provocar receos nin malentendidos. Ademais era unha muller espléndida, pero sen poses nin solermas.” (Xosé Fernández Ferreiro: A cidade das chuvias, 1994)
“O padriño falaba moito e facía rir á xente cos seus contos. Mais cando chegaron a Lucenza, e no colexio os frades, que os agardaban, desfacíanse en solermas e lle falaban das vantaxes da súa educación para herdeiros de tanta outura, don Xosé Manoel, mal afeito a aquiles xeitos mecosos e aquil falar baixiño, rematou de présa e deixouno alí.” (Ricardo Carballo [Carvalho] Calero: A xente da barreira, 1951)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.