Empezar a ler ou ler con dificultade, marcando a separación das sílabas
Etimoloxía
Vocábulo que se forma sobre a voz “letra” que procede do equivalente latín littĕra.
Exemplos *
“O material máis común na casa eran os programas de man, nada ten de estraño que miña nai os empregase como catón, e que eu aprendese a soletrear palabras tan improbables como mosqueteiro. Improbables para outras nenas, non para min.” (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas, 1996)
“E nas letras tamén adiantaba, pois tiña curiosidade por saber o que poñían os libros que o mestre prometera emprestarlle en canto lese de corrido e sen soletrear.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1992)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


