solfexar

Ler e entoar as notas dunha composición musical

Etimoloxía

Adaptación do equivalente italiano solfeggiare de significado semellante.

Exemplos *

“Morrerá sen saber solfexar. Sabe que a voz é de soprano, de María Victoria de los Ángeles, e que as cordas son violonchelos, sábeo polas notas da carpeta do CD. A súa cultura musical é de capa de disco, non deu para máis.” (Xabier Paz: A vida de Nito, 2013)

“O proxecto precisa a prohibición das seguintes actividades: ler, escribir, imprimir, gravar, recitar, solfexar, pintar, etcétera. Ou sexa, débese impedir ás mulleres abordar actividades fóra do privado, ingresar na vida pública.” (María Xosé Queizán: Anti natura, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.