solfexo

Técnica que consiste en ler ou entoar unha composición musical, pronunciando só o nome das notas

Etimoloxía

Termo que se adaptou do italiano solfeggio que, á súa vez, deriva destoutra voz, solfa 'nota musical escrita ou entoada'.

Exemplos *

“A banda de música sempre tivo moita sona. Había unha tradición, os instrumentos herdábanse, e tamén semellaba que había un carreiro no ar que atravesaba o tempo por onde ía e viña o solfexo.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“Un gran músico cun gran coñecemento de música, que ten a carreira de solfexo e que era o tipo que puña máis en dúbida os meus conceptos.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.