solidariedade

Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita

Etimoloxía

Derivado sobre “solidario” e este créase a partir de “sólido” que vén do latín solidus, -a, -um ‘sólido, denso’.

Exemplos *

“Alá seguía a solidariedade e o debate sobre Galicia e, igualmente, a preocupación pola desaparición do franquismo e a construción da democracia e do socialismo (entre Castelao e Marta Harnecker, con menos de Lenin e un algo de Trotsky...)” (Antón Costa Rico: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012)

“A solidariedade mutua entre as rexións agrupadas en torno a unha unidade política queda salvagardada por medio do máis poderoso aglutinador coñecido: a lingua.” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.