Que practica a solidariedade ou que pon de manifesto esa actitude
Etimoloxía
Palabra que se forma tomando como base “sólido” que procede do latín solidus, -a, -um ‘sólido’, ‘completo’ ou ‘xenuíno’.
Exemplos *
“Estaba coma el, superado polos acontecementos. Levaban os dous sen durmir desde había dous días e, polo menos, gañaran en sinceridade. Sentíanse solidarios, coa solidariedade dos derrotados.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)
“Todo o que sexa agrupármonos para sermos solidarias unhas coas outras, apoiármonos mutuamente, sacar á luz pública problemas que inciden no exercicio da nosa profesión paréceme fantástico e importantísimo, non só no que ten de contribución a unha mellora do colectivo feminino , senón de toda a sociedade.” (Begoña Camaño e Ana Romaní: Tempos Novos, 20, 3-1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


