Substancia que resulta da combinación de cloro e mercurio, moi velenosa e empregada en medicina como desinfectante.
Etimoloxía
Parece que resultou dunha mestura do latín sublimatum 'sublimado' e o árabe sulayman 'de Salomón'.
Exemplos *
"¡Ti matácheste con solimán da túa botica; pero eu mateime con solimán da miña bodega e con viño das tabernas! Morrín coma un sapo …" (Castelao: Os vellos non deben de namorarse)
"O vello abriu un rego arredor da composa, e nel botou solimán." (Xosé Neira Vilas: Papeis)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


