solla

Peixe mariño da familia dos pleuronéctidos, de corpo oval e cos ollos no lado dereito da cabeza, de cor parda ou verdosa, do que existen distintas especies

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latino solea ‘sandalia’, imaxe que recorda a forma do peixe.

Exemplos *

“Aquí, se hai problemas, se está a auga escura por culpa do plancto, tes que coidarte ti mesmo. Andar con tento cando a auga está toldada, non vaias quedar enganchado nas redes que largan para ir ás sollas, como lle pasou a un de Xaviña.” (Marilar Aleixandre: O Coitelo / A area anticipa o temporal, 2010)

“O tramo baixo do rio Miño acolle en inverno aves acuáticas: porrón mondo, chirleite común e a avefría. Existe unha grande variedade de peixes: salmón, lamprea mariña, así como outras especies como o sábalo, a saboga e a solla. En cuanto á riqueza florística, no tramo alto atópase unha vexetación formada por bosques aluviais de alisios e fresnos, reboles e arganas.” (Francisco Pena Castiñeira: Novas do Eixo Atlántico, 2-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.