solleiro, -a

Con moito sol

Etimoloxía

Palabra que se crea sobre o substantivo “sol” que vén do latín sole de significado semellante.

Exemplos *

“Nos días solleiros, nas ribeiras dos regatos, perseguía os delicados e elegantes cabaliños do demo que tanto decoraban na caixa da colección coas súas duplicadas ás transparentes, espetados nos alfinetes xunto co resto dos exemplares.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

“Gustaba de levar sombreiriños e cando viña a calor sacaba unha antuca que abría como unha gran flor para cruzar o solleiro mar da Quintana.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Mademoiselle Basilise, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.