solo

Extensión territorial dun país, rexión etc.

Etimoloxía

En latín a parte inferior de algo era solum, -i, e de aí tomouse a nosa forma.

Exemplos *

“A mostra de que os celtas tamén crían en fantásticos dragóns, témola nos varios santos cristiáns que segundo as haxiografías populares tiveron que loitar contra eles, tanto no solo irlandés como no da actual Francia …” (Clodio González Pérez: A coca e o mito do dragón)

“… o pulo da enxeñaría neses meus anos mozos dera forma ás grandes obras de loita contra o mar e todos nos sentiamos compañeiros de batalla, desa gran batalla por ter un solo onde establecernos e vivir…” (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.