solpor

Hora en que o Sol se pon, e feito de ocultarse este no horizonte

Etimoloxía

Termo que se crea coas palabras “sol” do latín sole e estoutra “por”, verbo que vén do verbo latino ponere.

Exemplos *

“Entrementres, en Cangas, só quedaban os encargados de facer a primeira quenda de vixilancia nos fortes e na praia; os homes da vila e das aldeas veciñas retiráranse ás súas respectivas casas antes do solpor.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“Pedro descúlpase polo atraso, entendera mal as indicacións de Eva e creu que a avoa estaba no extremo oposto da praia. A avoa quítalle importancia, gústalle contemplar o solpor e estivo moi a gusto na praia.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.