solsticio

Cada un dos dous instantes do ano en que o Sol deixa de apartarse do ecuador celeste e comeza de novo a aproximarse, e que coincide un co comezo do verán e outro co comezo do inverno

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o latín solstitium ‘o sol quedo’, que é un composto sobre os termos sol e sistere ‘pararse’.

Exemplos *

“Parece claro que iso se debe á importancia que, dentro da tradición galega, ten a noite de San Xoán, data coincidente co solsticio de verán e que presenta aquí unha forte pegada de cultos e rituais pagáns dirixidos a combater espíritos do mal.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

Cada solsticio anunciaba a chegada do intre agochado nos ciclos da lúa anuais: a primeira baixada á praia de Razo, o contacto xélido da salseira até as inguas sobreestimuladas solarmente, insistente batida da maré no corpo desafiante e a calor penetrante polas costas dunha ollada retadora que conxuraba.” (Mercedes Queixas: Contos de tabernas/ Lingua de area, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí