solteiro, -a

Home ou muller que non casou

Etimoloxía

Termo que procede do latino solitarius 'solitario, illado'.

Exemplos *

“Os prados queren procuro, / os labramíos labrador; / o que solteiro / morreu nunca foi namorador.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. Vol. II, 1992)

“Á porta deste serán / ten que haber apartamento. / Os casados van pra fóra, / Os solteiros van pa dentro.” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.