Que pode disolverse nun líquido
Etimoloxía
Voz que vén da latina solubĭlis ‘que se pode disolver’.
Exemplos *
“É o caso da publicidade que pretende que acudamos ó dentista con máis frecuencia. Ou a que busca que consumamos café soluble, contra o noso costume de preparalo na cafeteira.” (Xosé Cermeño: A publicidade. A fábrica dos desexos, 1993)
“Se toman leite, en vez de botarlle café, póñenlle malta, chicoria soluble, ou nada; pero, tampouco poden tomar chocolate, cacao ou derivados; nas tendas de réxime hai algunhas imitacións.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira, 1990)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


