sombra

Zona máis escura que se forma cando un corpo opaco impide o paso da luz, en especial a do Sol

Etimoloxía

Palabra que se relaciona coa latina umbra que significaba ‘sombra’.

Exemplos *

“Do ramaxe donde cantan / paxariños piadores / que ca aurora se levantan. / Que ca noite se adormecen / para que canten os grilos / que cas sombras aparecen.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)

“Era o verán que precedía o outono e as ventás estaban abertas. A frescura da sombra non atraía as moscas e sempre había unha corrente de ar.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.