soñar

Ver ou crer ver mentres se dorme sucesos e imaxes irreais coma se fosen reais / Imaxinar que algo, en especial unha cousa agradable é real

Etimoloxía

Palabra que bebe directamente do latín somniare ‘soñar’.

Exemplos *

“E con que soñabas, se se pode saber? "Soñaba con que todas as noites soñaba contigo...".” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

“E durmín ben. Tan ben durmín que mesmo soñei.” (Antón Cortizas Amedo: Primeiro concurso de obras de teatro inéditas Camiño de Santiago, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.