sonda

Tubo delgado que se introduce nunha vía do organismo para subministrarlle alimentos ou outras substancias, extraer líquidos ou como método de exploración.

Etimoloxía

Crese que se toma do francés sonde, de significado semellante, e este deriva dunha palabra anglosaxoa sundgyrd 'vara para medir o mar'.

Exemplos *

"Mesmo tivemos o caso curioso dunha muller que se negaba a comer, sendo preciso alimentala por medio da sonda gástrica" (Manuel Cabaleiro Goás: A psiquiatría na medicina popular galega)

"Tíñano que alimentar por sonda." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.