Nave espacial sen tripulación lanzada desde a Terra, co obxecto de explorar e estudar o espazo
Etimoloxía
Frase formada por “sonda”, préstamo do francés sonde que se complementa con “espacial”, termo derivado de “espacio” que bebe no latín spatium.
Exemplos *
“Mentres a sonda espacial automática New Horizons se move cara ó Sistema Solar exterior, está enviando agora algunhas das imaxes en resolución máis alta do seu histórico encontro de xullo con Plutón.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2015)
“A sonda espacial Voyager podería ter observado unha superficie máis plana en Xúpiter ou máis aló do Sistema Solar.” (Redacción: Nós Diario, 7-2-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.