Cabo que leva un peso nun extremo e que serve para medir a profundidade das augas.
Etimoloxía
Chegounos do francés, da forma sonde.
Exemplos *
"A sonda nunca baixa das tres brazas, mesmo nos treitos de máis angostura." (Víctor F. Freixanes: A cidade dos Césares)
"Tomar sondas arredor do barco mediante un escandallo apuntanto a sonda e o tipo de fondo para saber aproximadamente por onde nos atopamos varados e sobre que terreo." (Ramón A. Rivas Lago: Manual marítimo-pesqueiro: Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


