sonear

Durmir con sono lixeiro, espertando de cando en vez

Etimoloxía

Palabra formada a partir de “sono” que vén desde o latín somnus, -i

Exemplos *

“Xiz tiña os ollos mortos, soneaba un chisco. Velasco soubo entón que falaba só, para as paredes, ou acaso para o corredor e tamén para a Chinchilla.” (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar, 2000)

“Case lle pediu que tirase sequera un momento as lentes de sol e poder comparar así o azul fiordo dos ollos con esoutro, doméstico e leve, dun mar calmizo a sonear nas raiolas.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.