soneca

Sono lixeiro e curto

Etimoloxía

Voz derivada sobre “sono” que, á súa vez, nos remite ao latín sonum de significado semellante.

Exemplos *

“Érguese todos os días moi cedo, aínda noite, fai as súas flexións sobre a pel de oso, xa ti sabes, traballa no gabinete e logo vai á primeira misa. Non quere saber nada de sesta. Antes de comer bota unha soneca, uns minutos, o que el chama o sono do carneiro.” (Manuel Rivas: Os libro arden mal, 2006)

“Pois ó Avaristo levárono para Santiago nunha ambulancia e cando volveu viña de alá cunha perna enxesada toda tesa; así que, como non podía camiñar, pasaba o tempo na horta, embaixo da parreira, botando sonecas e lendo o periódico.” (Xavier Alcalá: O Larvisión e outros relatos, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.