Composición poética formada por catorce versos hendecasílabos ordenados en dous cuartetos e dous tercetos, sometida a un esquema de rima determinado.
Etimoloxía
Esta palabra chegou do italiano sonetto, que remite en última instancia a son, referido á música que acompaña un verso.
Exemplos *
"… a modernidade puxo en cuestión o canon literario, especialmente na poesía, polo que cumprir as regras dun soneto, hoxe en día, pode ser tan moderno ou máis que a experimentación máis rupturista." (César Lorenzo Gil: A Nosa Terra 18-11-2010)
"Falaba inglés cunha perfección que a nai non sabía de onde lle viña, porque nin ela pronunciaba con tanta elegancia e con aquela entoación, e recitaba os sonetos de amor de Shakespeare de memoria." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.