Estado do que dorme, caracterizado por unha situación de repouso, polo adormecemento dos sentidos e mais a diminución relativa das funcións orgánicas.
Etimoloxía
Nace no latín somnus que significaba 'o acto de durmir'.
Exemplos *
"Ás tres da mañá os empregados fixéronme acordar cando estaba no mellor do sono." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)
"Prender no sono era unha proeza e soportar as baixas temperaturas conforme avanzaba a noite traducíase case en odisea." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


