Sensación de sono producida por diversas causas coma a calor, o exceso de comida ou de bebida etc.
Etimoloxía
Vocábulo que vén directamente do equivalente latino sopor, -oris ‘adormecemento’.
Exemplos *
“Durante o xantar mantívose de costas ó outro comensal. Nemesio rematou e pagou a conta do cativo xantar. Aproveitando o sopor das horas do mediodía achegouse á ribeira do río deitándose na herba dun prado baixo a sombriza duns amieiros.” (Luís Manuel García Mañá: O lume de Santo Antón, 1997)
“Vaino vencendo a cada pouco, deixándolle os pensamentos soltos, borrándolle insensiblemente os entusiasmos, ata que queda aletargado, totalmente vencido no sopor da sesta.” (Manuel Lueiro Rey: Manso, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


