sopro

Acción e efecto de soprar

Etimoloxía

Voz relacionada co verbo “soprar” que vén do latino sufflāre de significado semellante.

Exemplos *

“dareiche un sopro do dente de león / para que marche todo canto doe / dareiche o segredo da cerdeira / para que onda el gardes unha rama” (Eva Veiga: Palabras de luz, 2019) [visto en https://corocantabile.gal/wp-content/uploads/2021/03/Coro-Cantabile_Palabras-de-Luz.pdf]

“CECAIS sei o por que da miña luz. / Sei que o amor encendeu en min / esa luciña máxica / que o sopro mais levián pode matar.” (Manuel María: Camiños de luz e sombra, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.