sorba

Froito da sorbeira en forma de pequena pera de cor amarela avermellada

Etimoloxía

Palabra que procede da latina sorba que vén do clásico sorbu de significado semellante.

Exemplos *

“Hai en Galicia excelentísimas noces, e das castañas xa dixemos. Pexegos varios, nésperas, ameixas, — a claudia reina é unha delicia de meles diversas e nos bosques amorodos, (...), arandos, sorbas.” (Álvaro Cunqueiro: A cociña galega, 1973)

“As sorbas deben ser colleitas antes de que acaden o punto de maduración, para que este chegue a termo unha vez recollidas.” (Juan Luís Camacho Lliteras: Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.