Refresco, feito xeralmente de froitas, que se serve conxelado
Etimoloxía
Termo que tomamos do italiano sorbetto, este vocábulo, á súa vez, bebe no turco şerbet, que remite ao árabe šarbah 'grolo', influído polo italiano sorbire 'sorber'.
Exemplos *
“Marco Polo trouxo do Afastado Oriente, por onde viaxou durante 24 anos, a receita dun doce xeado que utilizaba o leite como elemento básico e que era moi semellante ós actuais sorbetes.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro. Manual completo do barman, 1998)
“Os viños estaban perfectamente elixidos para cada manxar, os sorbetes chegaban no momento xusto no que eran precisos e cada vianda ía perfectamente colocada para que os estómagos desexasen a seguinte.” (Isidro Novo: Carne de can, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.