sorgo

(Sorghum vulgare) Planta da familia das gramíneas semellante ao millo, de sementes redondas de cor parda, avermellada ou amarelada, que se emprega como forraxe.

Etimoloxía

O nome procede do que se lle deu no latín científico, que parece proceder de syricum granum 'gran de Siria'.

Exemplos *

"Igual que hai milleiros de anos, tritúrase o sorgo, un tipo e cereal primitivo, nos morteiros para facer pan …" (Miguel González Aguiar: O Correo Galego 26-05-2002)

"… alongábanse os campos de millo e sorgo, cos pavóns a arrandear mainamente na airexa lene do mediodía …" (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.