Ton de burla e ironía con que se di ou fai algo
Etimoloxía
Palabra de orixe incerta.
Exemplos *
“Mirei para o camareiro que acababa de falar. Os seus ollos pequenos brillaban con sorna de profesional nun rostro estreito e cheo de malicia.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“Non son eu unha persoa moi observadora, máis ben todo o contrario. Meu pai sempre me di cun punto de sorna que calquera día hei deixar esquecida a cabeza no caixón do armario.” (Antón Dobao: Incertos / Círculo vicioso, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.