soro

Parte líquida que queda despois de coagular o sangue ou a linfa, ou despois de callar o leite.

Etimoloxía

Suponse que procede dunha forma *sorus, que podería ser unha variante do latín serum, -i ou proceder doutra lingua.

Exemplos *

"Enumerábanse as multas polos cravos dos carros que saían dos baldóns, polos carros sen matrícula, polos carros que fosen tirando o esterco ou arrastrando leña ou toxos, polos carriños de man que fosen perdendo o soro …" (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

"Gustaba daquel soro mesturado nos seus dedos engoumados e mais o cheiro a agre que lle envolvía os sentidos. Durante minutos xogaba naquel sutil rito de amores e engados co líquido mesto que, ós poucos, ía tomando forma de queixo." (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.