sorrir

Rir sen facer ruído, facendo un leve movemento cos labios

Etimoloxía

Verbo que bebe do latino subridēre cun significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Un último pensamento dominical que me transmite un colega por WhatsApp faime sorrir. Dime que con isto dos paseos a dúo se distingue ben quen está pasando o confinamento só ou soa. Noutras palabras: que se recoñecen @s solteir@s mellor que na barra dun pub ás tres da mañá.” (Xesusmmc: Diario dun filólogo confinado, 3-5-2020, na bitácora: https://diariodunfilologoconfinado.wordpress.com/2020/05/03/pasear/)

“Non se sabe aínda a súa influencia real en humanos, pero algúns estudos suxiren que poderían estar relacionadas coa empatía. Por exemplo, o feito de que ver sorrir a alguén induce en nós outro sorriso e certo benestar. En parte vivimos a experiencia allea como propia.” (Chis Oliveira e Amada Traba: Ám@me. Pensar o amor no século XXI, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.