sorriso

Acción de sorrir e xesto que se fai ao sorrir

Etimoloxía

Termo que nos remite ao latín vulgar *subrisum que, á súa vez, lévanos a palabra latina subridere ‘sorrir’.

Exemplos *

“Marchemos cara a cara até nós mesmos / e enfrontar o sorriso de puñal / que nos mostre o final dos siloxismos.” (Luísa Villalta: Ruído, 1995)

“Un bico na fronte, unha lene caricia, un rápido intercambio de sorrisos bastaban para facela correr a refuxiarse nos brazos do pai.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.