sosego

Estado da persoa ou cousa que non está axitada ou intranquila

Etimoloxía

Termo que se crea desde “sosegar” e este deriva do latín vulgar *sessicare ‘estar sentado’.

Exemplos *

“Choraba e saloucaba coma unha madalena e endexamais _nin de noite nin de día_ atopaba sosego nin parada para a súa aflición.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda/ A triste fin de Xácome Las, 2012)

“Con todo, emerxendo con dificultade á realidade desde as profundidades da súa somnolencia, lembra que hoxe é domingo. Recupera o sosego e reconfórtase coa idea de poder volver deitarse máis un outro pouco .” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.