sostibilidade

Característica da evolución que permite preservar, manter ou mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro

Etimoloxía

Termo neolóxico que se crea sobre o verbo “soster” que vén do latín sustinere ‘soster’ ou ‘protexer’.

Exemplos *

“Dentro deste concepto e obxectivo de sostibilidade, debe dárselles prioridade ós recursos naturais non renovables ou cunha degradación ou depreciación que orixine efectos importantes na saúde, na seguridade e no benestar humano.” (José Manuel Maside Sanfiz: Revista Galega de Economía, 02-2001)

“As alternativas deben ir polo camiño de diminuír a xeración de lodos vermellos e ademais as solucións deben estar en consonancia coa protección do medio ambiente e sostibilidade ambiental.” (Ramón Varela Díaz: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio, 03-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.