sotobosque

Vexetación arbustiva que medra no bosque e ten menor altura ca o seu arboredo

Etimoloxía

Palabra formada polo prefixo “soto-”, que vén do latín subtus ‘debaixo’, e o substantivo “bosque”, voz procedente do catalán bosc de significado semellante.

Exemplos *

“Os acivros medran como sotobosque nas fragas e carballeiras e, ás veces, forman bosques monoespecíficos en zonas de altura illadas. Son importantes para o mantemento da vida na zona.” (Adela Leira, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza, 28-9-2012)

“Pero se o medio arbóreo conta cunha importancia salientable o sotobosque non se queda atrás. A elevada humidade do contorno facilita que sexan moitas as especies de fentos espalladas pola zona.” (Ignacio González: O Correo Galego, 10-12-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.