Apañar do chan as castañas que caen dos ourizos.
Etimoloxía
Sobre a base 'souto' (do latín saltum ‘bosque, fraga’) engádese o sufixo -ar.
Exemplos *
“O máis lonxe que podía ir sen compaña era á fonte ou ós pasteiros da vaca e dos porcos, ou soutar as poucas castañas que aínda quedaban cando empecei a camiñar…". (Xosé Miranda: Morning Star)
“Deixe ós seus veciños que veñan soutar cando gusten, libremente, como sempre fixeron…” (Xosé María Gómez Vilavella: Historias intra da bisbarra)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


