souto

Terreo poboado de castiñeiros.

Etimoloxía

Esta palabra chega ao galego desde o latín saltus, –us que significaba 'clareiros nos bosques' ou 'pasteiros con árbores'.

Exemplos *

"Notaba eu dentro dos ollos, coma se mesmamente o vise téndoos fechados e ben apertados, un souto moi coidado de enormes castiñeiros." (María López Sande: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio)

"Os tempos aqueles, segundo me contaba, non eran de abundancia, mais cunha pouca de imaxinación podíanse levantar inmensos castelos no medio das fragas e dos soutos." (J.A. Xesteira: Contos de familia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.