soviet

Consello de obreiros e soldados durante a Revolución Rusa de 1917, e posteriormente consello de representantes elixidos polos traballadores e delegados

Etimoloxía

Chega desde o francés soviet, pero remite ao termo ruso sov’et ‘consello’.

Exemplos *

“A Luces pasáballe, seguramente, o que a aqueles implacables policías do zar que logo se converteron en policías dos soviets e, sen embargo, nada atopaba agora Daniel Linde no rostro do inspector Luces que o fixese distinto ó profesor Celeiro ou a Serafín Andrades.” (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa. Unha traxedia particular, 1993)

“Outro problema que suscitou vivos debates foi o do porvir de moitas das superficies que, formalmente propiedade dos soviets locais, utilizaron as forzas armadas.” (Carlos Taibo: Europa sen folgos. Para entendérmo-los problemas das periferias europeas. 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.