Chaqueta ou xersei de deporte de tecido groso, que pode ter capucha
Etimoloxía
Palabra que pertence á familia léxica do verbo “suar” que procede do étimo latino sudor, -oris ‘transpiración’.
Exemplos *
“Pablo asente, visiblemente enfadado. Coloca as lentes de sol e pon a carapucha do suadoiro que Helena lle regalara semanas atrás. Marcha acelerando o paso.” (Diego Ameixeiras: Matarte lentamente, 2013)
“Levantou a cabeza ao instante e viuno. Si, a el. Un mozo alto, vestido cun suadoiro escuro, coa pucha subida. Apenas se lle vían os ollos, azul electrizante. Tiña a pel pálida e un sorriso terrorífico.” (María Canosa: Cando cae a luz / Carmín intenso, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.