subidor

Paxaro da familia dos cértidos de pequeno tamaño, de cor parda riscada de escuro nas partes superiores e abrancazada nas inferiores

Etimoloxía

Voz derivada sobre “subir” que vén do latín subīre 'achegarse a un lugar alto desde abaixo'. O nome científico certhia brachydactyla.

Exemplos *

“O subidor vai espoleando polas árbores arriba , o escribidor , escribía os ovos , cando tece o gabián no aire é que vai chover , a lavandeira , andaban no fociño das vacas , moi lista , moi requichada.” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra, 1996)

“O mesmo pasa co subidor común: o peteiro longo e curvo e a longa cola sempre pegada aos troncos polos que sobe e baixa impide confundilo con outro pequeno paxaro.” (Ramsés Pérez: Cerna, nº 93, 2025)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.