Parte da codia terrestre que está por baixo do solo
Etimoloxía
Creación co prefixo “sub-” e a palabra “solo” que deriva do equivalente latino solum.
Exemplos *
“Galicia, cun subsolo vello e fráxil (...), non se atopa entre as cábalas dos arúspices que deseñan o futuro da industria nuclear.” (Xavier Navaza: O Correo Galego, 30-5-2002)
“En Galicia, a súa presenza é maior pola cantidade de granito que hai, principalmente, no subsolo de Pontevedra e Ourense.” (Héctor Cobo: De Luns a Venres, 22-2-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.