suburbio

Zona dunha poboación, situada nos arredores, en especial se é de xente humilde

Etimoloxía

Vocábulo que bebe no latino suburbium que significaba ‘o que estaba fóra da urbe’, 'arrabaldes'.

Exemplos *

“O Seminario Maior era, nos primeiros anos corenta, puro suburbio que cerraba a cidade polo sueste, na dirección da estrada de Madrid.” (Xosé Alvilares: Memorial de agravios, 1992)

“A vida en terra firme tiña para ti unha dimensión dual: a muller e a cervexa. O demais non existía. Nin suburbios, nin nenos da rúa, nin operarios explotados, nin mulleres humilladas, nin cultura dirixida, nin dereitos negados.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.